18 de xuño de 2018

A GUARDA

ALUMNAS/OS DO COLEXIO MANUEL RODRÍGUEZ SINDE PUXERON EN ESCEA "HISTORIA DUNHA SOBREIRA"

· Esa obra de teatro, do escritor Ramón Caride Ogando, foi concebida polo autor para conmemorar o "Día da Árbore"

Elenco actoral que puxo en escea "Historia dunha Sobreira", de Ramón Caride Ogando
Foto: Loli Estévez Álvarez

Francisco Álvarez Álvarez (Koki) / A Guarda

 O pasado día 13 de xuño, as/os nenas/os de 4º da ESO, do Colexio Manuel Rodríguez Sinde, de A Guarda, puxeron en escea a obra de teatro para nenos "Historia dunha Sobreira", do escritor Ramón Caride Ogando. Obra que o autor tiña escrita fai algúns anos pra o Día Mundial do Árbore. 

 Dirixidos pola súa mestra Gloria Inés Vázquez Castro (Yoya), as/os nenas/os fixeron as delicias e puxeron todo o seu empeño no noso disfrute. 

 "Historia dunha Sobreira" presentouse no Centro Cultural de A Guarda, con moito público, sobre todo infantil. 

 "Historia dunha Sobreira" é unha obra teatral que alerta dos perigos de non coidar, respectar e amar a Natureza que nos rodea. Estructurada en tres actos, que poderían ser representados como pezas independentes, fálanos da experiencia dun grupo de escolares que fai o imposible para evitar que tallen a sobreira que, desde sempre, é compañeira e amiga dos rapaces do colexio.

 Esperamos que volvan con moitos títulos e a mesma ilusión.

Ningún comentario:

Publicar un comentario