O Pleno da Corporación Municipal do concello de A Guarda aproba por unanimidade a proposta en defensa do Ciclo Medio de Carrozaría do IES A Sangriña
· Os diferentes representantes dos partidos da Corporación Municipal fixeron a súa intervención apoiando a continuidade deste ciclo formativo cunha traxectoria de 15 anos no municipio
A Corporación Municipal en pleno, apoia a continuidade deste ciclo formativo
Foto: C. A.G.
Infogauda / A Guarda
Na mañá deste venres día 29 de xuño de 2018 celebrouse no salón de plenos do Concello de A Guarda un pleno da Corporación Municipal de carácter extraordinario urxente para tratar a proposta da Comisión de Portavoces do Concello da Guarda en defensa do Ciclo Medio de Carrozaría no IES A Sangriña da Guarda.
Trala votación da ratificación da urxencia desta convocatoria os diferentes representantes dos partidos da Corporación Municipal fixeron a súa intervención apoiando a continuidade deste ciclo formativo cunha traxectoria de 15 anos no municipio e que conta coas instalacións e profesorado axeitado para que o alumnado poda formarse neste campo profesional, ofertando dende A Guarda un ensino de calidade para todo o ámbito comarcal.
A imposibilidade de matricularse xa neste ciclo formativo para o vindeiro curso académico propiciou a convocatoria deste pleno que finalizou coa votación e aprobación por unanimidade, prosperando dita proposta.
Ningún comentario:
Publicar un comentario