A Deputación de Pontevedra subvenciona a rehabilitación e sinalización do entorno da cheminea das Cachadas
O alcalde da Guarda, Antonio Lomba Baz e o concelleiro de Patrimonio, Manuel Javier Crespo González, visitaron as obras de rehabilitación e sinalización do entorno da cheminea das Cachadas, na Gándara (Salcidos)
Foto: C. A.G.
Jorge Alonso / A Gándara (A Guarda)
O pasado mércores día 27 de xuño de 2018 o alcalde da Guarda, Antonio Lomba Baz e o concelleiro de Patrimonio, Manuel Javier Crespo González, visitaron as obras de rehabilitación e sinalización do entorno da cheminea das Cachadas, na Gándara (Salcidos).
Grazas a esta actuación consolidouse o acceso do camiño das Cachadas e a posta en valor da cheminea, un elemento simbólico do patrimonio industrial da Guarda que formou parte da antiga fábrica das Cachadas que ao longo do século XX deu emprego a moitos veciños da Guarda e do Rosal.
Os traballos realizados permiten o acceso ata os pés da cheminea, contando ademais con paneis divulgativos con explicacións e informacións sobre este elemento do patrimonio industrial guardés. Procedeuse a pavimentación do acceso a cheminea e prolongación do camiño entre a PO-552 e o Camiño da Grandiña, quedando coma unha zona apta para o servizo común dos cidadáns.
Esta actuación levouse a cabo a través dunha subvención da Deputación de Pontevedra cunha dotación total de 10.989,52€ baixo ao amparo da orde de axudas para a Rehabilitación e sinalización do patrimonio Histórico-Cultural dirixida aos concellos da Provincia de Pontevedra.
Ningún comentario:
Publicar un comentario