3 de maio de 2018

A GUARDA

Roberto José Álvarez Carrero presenta os avais necesarios para concorrer ao Congreso do PP da Guarda 

Preto de 600 afiliados están convidados a decidir o sábado sobre o futuro da agrupación local, nun congreso que se desenvolverá a partir das 18:30 horas no Hotel Novo Muíño, de Camposancos

Hortensia Vicente Santiago, presidenta do Comité Organizador do congreso do PP guardés, con Roberto José Álvarez Carrero, candidato a presidencia do Partido Popular de A Guarda

Infogauda / A Guarda

 A presidenta do Comité Organizador, Hortensia Vicente Santiago, dá conta dos avais acadados polo candidato á presidencia do PP da Guarda, cuxo congreso se celebra este sábado. Unha vez analizados os avais presentados en tempo e forma, o único candidato será Roberto José Álvarez Carrero, que presentou 252 avais, todos eles válidos. 

 Aportou, polo tanto, a cantidade mínima para concorrer ao congreso que estaba establecida en 100 avais.  

 Preto de 600 afiliados están convidados a decidir o sábado sobre o futuro da agrupación local, nun congreso que se desenvolverá a partir das 18:30 horas no Hotel Novo Muíño, de Camposancos.

Ningún comentario:

Publicar un comentario