20 de abr. de 2018

SALCEDA DE CASELAS

SANTIAGO RODRÍGUEZ DAVILA AFIRMA QUE O ALCALDE PRETENDE PAGAR UNHA FACTURA PRESUNTAMENTE FALSA  

O informe acredita muros de nova construcción no ano 2015, non reparacións, como di esa factura  

O portavoz popular sinala que esa factura é presuntamente falsa polo concepto da mesma, tersiverxa a realidade do executado según o informe.  

Santiago Rodríguez Davila, voceiro do Partido Popular de Salceda de Caselas

Infogauda / Salceda de Caselas

 Santiago Rodríguez Davila, voceiro do Partido Popular de Salceda de Caselas, deixou ben claro que o informe entregado (informe que conseguiu o Grupo Popular porque asistiron a xuntanza do alcalde cos provedores, a cal o o rexedor do pobo non nos convidou, polo que nos entregaría dito informe no mesmo pleno) “non valida nin da conformidade a factura con data 3 de abril de 2017 de ‘reparacións’ de muros en Pedrapinta -Picoña-, xa que o mesmo non fai mención a esas supostas reparacións, senon ás nova construcción realizada en 2015”.  O grupo Popular entende que por un lado, recoñecen que non se fixeron as reparacións dos muros en 2017 e. por outro, que a factura refírese os novos muros construidos no ano 2015”, polo que os concelleiros/as  populares denuncian a “intención do Alcalde de querer colar unha factura presuntamente falsa no seu concepto, o non ser real o que nela se di, mesmo non existindo unidades de execución, prezo das mesmas, material empregado,…e todo asinado e conformado polo concelleiro de vías e obras co visto bo do alcalde pero sen ningúnha sinatura dun técnico que certifique e abale tales reparacións”.  

 Davila denunciou que “o alcalde e o seu equipo de goberno, pretendían que este grupo dera por bo un informe no cal as mesmas fotos que o integran, demostran que son muros construidos no ano 2015 e nada ten que ver cas reparacións que se mencionan na factura que pretenden pagar”, polo que as dúbidas  que tiña o grupo popular confirmáronse con este informe o certificar o xa expresado anteriormente, “nada de reparacións e si nova construcción no ano 2015 que tendrían que estar no capítulo de inversión dos orzamentos”.

 Asemade pregúntanse o motivo da tardanza en facturar, dous anos despois, “o porqué de presentar e pretender colar unha factura cun concepto falso cando xa no ano 2016 presentouse e pagouse unha factura de muros en ese mesmo lugar por importe de 13.500 € que xa excedía o orzamentado do proxecto orixinal de 44.300 €”.          

 Con estas cantidades, os populares salcedenses queren manifestar que a súa laboura de fiscalizar o goberno, está a dar os resultados de despatar artimañas, “e moi fácil darse conta que unha obra que inicialmente tiña un orzamento para construir muros de 44.300 € pasou a custar, (salvo que aparezan novas facturas) 85.700 € (44.300+13.500+27.900), un 90% máis, claro!, fíxose en plena campaña electoral de 2015 e todo valía” recrimina ó actual alcalde, Marcos Besada de demostrar absoluta irresponsabilidade na xestión do Concello e desemparo ós provedores.   

 No pleno, quedou moi claro a solución ó problema de pago a provedores, dando dúas alternativas concisas, “separar esa factura para poder pagar as restantes, e que se modifique esta, tanto o seu concepto, recoñecendo que son os muros de nova construcción do ano 2015, que a suma de todas as facturas emitidas dende 2015 ata esta última coincidan co alí executado, tanto no importe como nos metros construidos, asinada polo concelleiro de área e o visto bo do técnico”,  explicou Rodríguez Davila diante de veciños/as que asistiron a sesión plenaria.  

 Os populares manifestan o seu malestar co alcalde, xa que “sempre pretende buscar enemigos e culpable, cando as cousas lle van mal, sendo Él o único responsable e cómplice de permitir esta práctica por parte de certos empresarios, pondo en perigo o cobro de súbvencións por antepoñer os seus intereses e nos o do conxunto dos salcedenses”.  

 Os populares queren amosar o seu agradecemento ós provedores pola súa comprensión respeto da postura fiscalizadora, xa que en conversas con moitos deles, “incluso visitamos a casi todos os afectados con negocio en Salceda, entenderon perfectamente que o diñeiro é de todos, e polo tanto que ten que estar moi clariño ónde e para qué conceptos se destina” remata o voceiro popular.

Ningún comentario:

Publicar un comentario