10 de abr. de 2018

MOVEMENTOS SOCIAIS



 A Plataforma SOS Sanidade Pública da Área de Vigo apoia a MANIFESTACIÓN do 12 de abril, ás 20 hs. desde a vía Norte convocada pola Xunta de Persoal da área sanitaria, e anima ao conxunto da cidadanía a saír á rúa a defender unhas condicións dignas na nosa sanidade pública, tanto para as e os pacientes como para as e os profesionais. 

 Coa aprobación da Lei de Saúde consolidase un modelo sanitario centrado no tratamento da enfermidade, esquecéndose da promoción da saúde e da prevención da enfermidade, e derivando a cada paso máis recursos á sanidade privada. A recuperación do Hospital de Alcira para a Sanidade Pública demostra que outro modelo sanitario é posible, so é cuestión de ter vontade de facelo posible. 

 Animamos ao conxunto da cidadanía da nosa área sanitaria a saír á rúa para defender a Sanidade Pública que queremos: 
POR UNS SERVIZOS SANITARIOS 100% PÚBLICOS E C@S PROFESIONAIS NECESARI@S NOS HOSPITAIS E EN ATENCIÓN PRIMARIA. 
NON A MASIFICACIÓN NA ATENCIÓN PRIMARIA. 
NON ÁS LISTAS DE ESPERA NAS OPERACIÓNS, PROBAS E CONSULTAS. 
NON AOS COLAPSOS NAS URXENCIAS. 
POLA RECUPERACIÓN DO HOSPITAL ÁLVARO CUNQUEIRO PARA A SANIDADE PÚBLICA. 
MEIXOEIRO QUERÉMOLO ENTEIRO, SEN CAMAS PECHADAS E CON SERVIZO DE UCI. 
POR UN APARCADOIRO PÚBLICO E GRATUÍTO NO H. A. CUNQUEIRO.    

 Vigo, 10 de abril de 2018

(R.)

Ningún comentario:

Publicar un comentario