10 de abr. de 2018

LABORAL

Nova mobilización en Povisa para reclamar a negociación do convenio colectivo 

As centrais denuncian que o acordo laboral leva “conxelado” dende hai oito anos

Traballadores/as e delegados/as sindicais de Povisa continuaron hoxe coas protestas para reclamar a negociación dun novo convenio colectivo
Foto: CIG

Infogauda / Vigo

 Traballadores/as e delegados/as sindicais de Povisa continuaron hoxe coas protestas para reclamar a negociación dun novo convenio colectivo, xa que o actual leva “conxelado” dende o ano 2010. Ademais, as centrais convocantes -CIG, CCOO e CGT-SGPS- denuncian que a dirección do hospital privado vigués está a aplicar reducións de xornada ao tempo que aumenta a carga de traballo, xa que o mesmo persoal ten que atender máis usuarios/as.  

 As concentracións ás portas do centro sanitario continuarán este xoves 12 de 14:00 a 15:30 horas. Durante as mobilizacións o persoal aproveitará para “ir planificando” outras medidas de presión co obxectivo de reclamar avances na negociación do convenio tras oito anos de parálise.

Ningún comentario:

Publicar un comentario