17 de abr. de 2018

GOIÁN

CINEMA

“XOSCADOS”, NOVA PRODUCCIÓN CINEMATOGRÁFICA DO GRUPO SAN ROQUIÑO

· A longa está nas mans de Dani Goián para edición e montaxe, e Andrés Álvarez coa banda sonora orixinal

Fotograma da longametraxe “Xoscados”, do Grupo “San Roquiño”

Andrea Pousa Barros / Goián

 O Grupo “San Roquiño”, de Goián, ven de rematar a nova longametraxe “Xoscados”. Despois de  varios éxitos con filmes anteriores, “Xoscados” cabe decir que é unha das produccions cinematográficas mais agardadas e ansiadas por todos, a quen o mal tempo e a choiva, fixo malas pasadas para as datas de gravación, prolongando así a espera. 


                  Fotograma da longametraxe “Xoscados”, do Grupo “San Roquiño”

 Qué sabemos de “Xoscados”A información está moi blindada. Sabemos que trata dun secuestro. Sí, un secuestro. Un secuestro cutre, que trae en alerta a todo un pobo, con tramas, suspense, intriga... Iso sí, a familia “San Roquiño” garántenos moitas risas, carcaxadas, humor... 


Fotograma da longametraxe “Xoscados”, do Grupo “San Roquiño”

  Cando sexa a estrea inde preparados para mais dunha hora de divertimento, e como preludio o indispensable No-Go que acompaña as súas longas.

 Qué máis podo decir? Grazas Grupo San Roquiño por agasallarnos deste xeito, polas vosas ocorrencias, o voso tempo e dedicación. Por extender e faer partícipe a todo un pobo unindo lazos, complicidade, e todo cun presuposto cero, donde todos teñen cabida, e con un único obxetivo: facernos pasar un rato agradable. 

                  Fotograma da longametraxe “Xoscados”, do Grupo “San Roquiño”

 Indispensables todos: actores, axudantes, voluntarios directos, indirectos, veciñas/os, etc. 

 Salientar a Marcos Rodríguez, ademais de cámara e fotografía tamen deseña os carteis, e Adrián Mesu, encargado da edición do No-Go. Sen dúbida un equipo técnico de luxo. 

 E que decir de Reme, o motor e forza desta familia. Unha muller que non se conforma con soñar. Ten agallas para levar as rendas dos soños e facelos realidade. Eternamente grazas!

 E agora a longa está nas mans de Dani Goián para edición e montaxe, e Andrés Álvarez coa banda sonora orixinal. 

 Todos eles son a Gran Familia “Grupo San Roquiño”, agardamos que pronto nos notifiquen a data de estrea que será mui en breve.  

 Agardamos impacientes!

Ningún comentario:

Publicar un comentario