PIRAGÜISMO
COPA DAVID CASTRO, LIGA GALEGA DE PROMOCIÓN DE SLÁLOM
O Club Deportivo Miño Teixugos resultou gañador
O balance final para o club Deportivo Miño Teixugos, non poido ser mellor, con nove medallas para seus deportistas
Na clasificación final por equipos o Club Deportivo Miño Teixugos resultou gañador
Foto: Rosa Fernández Carrera
Informa (Fotografías e Redacción): Rosa Fernández Carrera / Tomiño
Despois do seu aprazamento por causas meteorolóxicas, por fin este domingo celebrouse no río da Pedra en Tomiño a Copa David Castro de Slálom, correspondente a Liga Galega de Promoción de Slálom. Os máis pequenos de cada club acudiron a esta cita, dando o mellor de si mesmos.
O balance final para o club Deportivo Miño, non poido ser mellor, con nove medallas para seus deportistas.
Ainhoa Barreiro gañou en K1 e foi segunda en C1 na categoría Infantil, a súa compañeira de equipo e categoría, Alba Soutelo foi a mellor en C1 e segunda en K1.
En K1 benxamin, Javier Luch acadou o bronce, o seu compañeiro Sergio Álvarez foi cuarto e Pedro Lomba sexto, nesta categoría o gañador foi o representante do Club Tea de Mondariz Pablo Alfaya.
En K1 alevín, o gañador foi Valentín Varela do Penedo Importa, e o teixugo Adrián Lluch rematou sexto. Na mesma categoría pero na modalidade C1, Adrián rematou cuarto, sendo o gañador Aarón González do Penedo.
E finalmente na categoría Infantil masculina, na modalidade K1, Sergio Rodríguez foi o gañador da proba, Samuel Castro rematou segundo, Alexis Segadaes cuarto e Mateo Álvarez sexto. En canoa, Samuel Castro foi primeiro e Sergio Rodríguez segundo.
Na clasificación final por equipos o Club Deportivo Miño Teixugos resultou gañador, seguido polo Club Penedo Importa e o Montaña Quixós .
A próxima cita co slálom será o vindeiro domingo en Salvaterra, coa II Copa Galaico Portuguesa de Promoción de Slálom.
Ningún comentario:
Publicar un comentario