21 de abr. de 2018

CULTURA

CATRO VENTOS LANZA UN PROXECTO DE MECENADO PARACADERNO DE CAMPO DAS ILLAS CÍES



Isidro Dozo Valladares / Vigo

 A editora Catro Ventos vén de lanzar un proxecto de mecenado na plataforma de crowdfunding Verkami. 

 O obxectivo é conseguir fondos para a publicación do “Caderno de campo das illas Cíes”, unha obra que recompila as ilustracións ao vivo do debuxante e doutor en Bioloxía José Arcas.  

 Esta obra pretende recompilar e poñer en valor a flora e fauna deste arquipélago tan recoñecible e destacado, lembrando a importancia do respecto ambiental pola nosa parte. Complementa a obra a posibilidade de escoitar as paisaxes sonoras de Carlos Suárez, mediante a lectura dun QR indicado en puntos específicos da obra.  

 Até o de agora, e con poucos días de percorrido, o proxecto acadou case a metade do mínimo preciso, se ben necesita pulo para acadar o total da recadación necesaria. Para iso conta co valor engadido de adquirir mediante compra anticipada a obra a prezo especial, entre outras recompensas coma láminas, outras obras da editora e mesmo unha visita ás illas Cíes na compaña do autor.  Esta obra complementa o catálogo de Catro Ventos, que está centrado na publicación de obras sobre ecoloxía, economía social, consumo responsable, educación alternativa e dereitos humanos. 

Ningún comentario:

Publicar un comentario