9 de abr. de 2018

CAMPOSANCOS

A COMUNIDADE DE MONTES VECIÑAIS EN MÁN COMÚN DE CAMPOSANCOS PRESENTA SÚA PRÓXIMA PROGRAMACIÓN CULTURAL

O sábado día 14 de abril, ás 20:30 h., no salón de actos da Casa Cultural de Camposancos, proxectarase o documental "Memorial de Camposancos"


José Fernando Martínez Martínez / Camposancos

 Dende a Comunidade de Montes de Camposancos informamos da nosa máis próxima programación cultural.

 O sábado día 14 de abril, no salón de actos da Casa Cultural de Camposancos, proxectaremos o documental "Memorial de Camposancos". Producción de Salvador Dasilva e guión e dirección de José Ballesta e Miguel Anxo Fernández.

 A presentación comenzará ás 20:30 h., e será José Ballesta, director do filme, quen se encargue de contarnos como e porqué, se propuxeron levar o cinema esta historia da que o noso pobo foi testigo real da última guerra civil española. Ainda que xa fai uns anos que se proxectou na Sociedade Os Amigos, nós entendemos que ten tanto valor histórico que convén repetir a experiencia e proxectala unha vez mais.

 A entrada será de balde ata completar o aforo.  

 Para o sábado día 5 de maio, como todos os primeiros sábados de mes, seguimos con "Música e Palabras". Ese día será o primeiro aniversario desta iniciativa que resulta ser unha experiencia moi doada, na que todas as personas con inquedanzas literarias ou musicais poden participar de maneira espontánea.  

 O Día das Letras Galegas adicarémolo o finado mestre D. Nicolás Gutiérrez Campo. 

Ningún comentario:

Publicar un comentario