A COMUNIDADE DE MONTES VECIÑAIS EN MÁN COMÚN DE CAMPOSANCOS ADICARÁ O DÍA DAS LETRAS GALEGAS O MESTRE D. NICOLÁS GUTIÉRREZ CAMPO
· O día 14 de abril José Ballesta presentará e falará do seu documental: Memorial de Camposancos
· O día 14 de abril José Ballesta presentará e falará do seu documental: Memorial de Camposancos
D. Nicolás Gutiérrez Campo
Foto: Arquivo familiar
Ricardo Rodríguez Vicente / Camposancos
A Xunta Reitora da Comunidade de Montes Veciñais en Mán Común de Camposancos, ven de facer público o contido principal da súa sesión ordinaria, na cal se informa os comuneiros de Camposancos, veciños e cidadanía, en xeral, das actividades que veñen organizando, ademáis do coidado e mantemento do monte comunal.
Desde Infogauda queremos salientar á transparencia que desde o comezo da súa etapa, ven desenvolvendo a actual Xunta Reitora que preside José Fernando Martínez Martínez.
Acta da sesión Ordinaria da Xunta reitora da Comunidade de Montes de Camposancos, que se reúne na Sala de Xuntas, o día 7 de marzo de 2018, ás 18:30 horas para tratalo seguinte Orde do día:
· Lectura e aprobación, se procede, da acta anterior.
· Información de diferentes temas relacionados co Monte.
· Programación das actividades culturais.
· Lectura e aprobación, se procede, da acta anterior. Aprobada.
· Información de diferentes temas relacionados co Monte.
José Fernando informa que o día 27 de marzo temos unha reunión en Santiago, co secretario xeral de Cultura, Anxo M. Lorenzo, para tratar distintos temas de interés para o futuro do Trega.
José Fernando informa que Félix está preparando un dossier para pedir varias subvencions para o Monte: limpeza e deforestación, axuda para a creación do botánico, postes informativos e arranxo de casa forestal.
Falamos de regalarlle unha árbore, aos colexios que colaboraron na plantación que acabamos de facer, como agradecemento pola súa colaboración.
O día 7 de febreiro estivo reunido José Fernando e Juan Carlos cos arquitectos do concello. Falando con eles, os arquitectos estaban dispostos a facer os planos da reforma da casa forestal para presentar a concurso de de subvencións da UE, si o alcalde lles daba permiso. Non será posible porque o alcalde non o permitiu.
Programación das actividades culturais.
Lucía informa que o día 14 de abril teremos a José Ballesta de Diego, para presentar e falar do seu documental: Memorial de Camposancos.
Organizamos o Día das Letras Galegas. Este ano o dedicaremos a Nicolás Gutiérrez Campo.
Gloria porase en contacto con Xosé Manuel Malheiro Gutiérrez (neto de D. Nicolás), para pedirlle a súa colaboración.
A Biblioteca estará aberta os luns de 17:00 a 19:00h.
Sen máis asuntos que tratar levántase a sesión, ás 19:00 horas do 7 de marzo de 2018, da cal, eu como secretaria, dou fe.
Asdo: Mª Lucía Martínez Diz

Ningún comentario:
Publicar un comentario