FOTOGRAFÍA
ALBERTO PEREIRO LUEIRO "HOLLY" EXPÓN NO CENTRO CULTURAL DA VILA
A exposición pode visitarse ata ó 24 de abril
Alberto Pereiro Lueiro "Holly"
Reproducción: Infogauda
Ricardo Rodríguez Vicente / A Guarda
Coa "idea de reivindicar a todas as persoas que traballan na rúa dignamente", naceu o proxecto fotográfico "Falan de mín, falan de tí...", do fotógrafo Alberto Pereiro Lueiro "Holly".
"As opcions de vida non teñen que ser liñas divisorias e marxinais, todo o contrario; os sentimentos e as sensibilidades, deberán ser parte da nosa vida cotiá. Non esquezamos que, tras o telón está outra persoa coma tí". Esas verbas - da autoría de Alberto Pereiro Lueiro "Holly" -, impresas nun cartaz, dan o saúdo de benvida os visitantes da exposición de fotografías que acolle á sala de exposicións do Centro Cultural da vila de A Guarda.
Ollando ás fotografías que se amosan, o visitante pode decatarse doadamente que se trata da sipnose de un relato da vida cotiá de un ser humano que sobrevive na compaña do seu gato e toca a flauta tanto no seu ámeto doméstico como na rúa. Dito así, de xeito resumido, semella todo simplista. A realidade coñécea con toda crudeza a persoa arredor da cal xira o relato fotográfico.
Unha visita de vagar a exposición daranos novas lecturas a unhas imaxes que non nos van deixar indiferentes.
Horarios:
De luns a venres: De 10:00 a 13:00 e de 17:00 a 20:00 h.
Sábados: De 10:00 a 13:00
Ningún comentario:
Publicar un comentario