30 de abr. de 2018

A GÁNDARA (SALCIDOS) A GUARDA

O Concello da Guarda instala unha nova marquesiña na parada de autobús da Gándara   

O Goberno municipal esixirá o reintegro do custe da instalación á Xunta de Galicia, titular da estrada PO 552 na que se atopa a cuberta  

O Concello de A Guarda instalou unha nova marquesiña na estrada PO 552
Fotos: Sara Alonso

Sara Alonso / A Gándara 

 As veciñas e veciñas da Gándara (Salcidos) xa contan cunha nova marquesiña na que acubillarse da choiva e o frío, ou simplemente sentarse, mentres agardan o autobús na parada situada na estrada PO 552. O Concello da Guarda instalou fai unhas semanas a nova marquesiña, que vén a substituír as ruínas da antiga cuberta pola que a veciñanza emprendeu unha mediática campaña para esixir a súa reposición.   


 A instalación, situada na estrada de titularidade autonómica, foi asumida polo Concello da Guarda como resultado da «pasividade e indiferenza amosada pola Xunta de Galicia», segundo explica o concelleiro de Tráfico, Paulino Rodríguez González. Ao respecto, o edil lembra que a Dirección Xeral de Mobilidade recibiu un escrito urxindo a reparación da cuberta xa en marzo de 2017, petición que se repetiu en novembro e en marzo deste mesmo ano. A entidade dependente da Xunta informou, en resposta, que a cuberta non podería instalarse ata o verán-outono de 2018. 

 Agora, o Goberno municipal solicitará á institución autonómica ó reintegro  dos preto de 4.000 € invertidos na marquesiña, da que xa pode gozar a veciñanza do municipio. 

Ningún comentario:

Publicar un comentario