1º TRAIL ADVENTURE MUIÑOS DO FOLÓN 2018 (O ROSAL)
Varios participantes subindo polo conxunto etnográfico dos Muiños do Folón e do Picón, no termo municipal do Rosal
Un dos participantes, chegando a liña de meta na Praza do Calvario
Fotos: Santi Baz Lomba
Infogauda / O Rosal
O pasado domingo día 4 de marzo de 2018, O Rosal acolleu o 1º Trail Adventure Muiños do Folón, no cal participaron atletas de ambos sexos, de diversas procedencias, e tamén por suposto, da comarca do Baixo Miño, os que nos lles meteu medo nin o percorrido - fantástico paisaxistícamente falando, pero duro para os atletas -, nin que o chan estivese esvaradizo, por causa da chuvia e mesmo da época na que estamos.
Podemos decir que nesta primera edición o Trail Adventure Muiños do Folón deixou moi bó sabor de boca a tódolos participantes, o respectable público que seguiu o desenvolvemento da proba - ainda que o lugar máis concorrido foi a Praza do Calvario, onde estivo situada a liña de meta, e onde tivero lugar á entrega dos trofeos e agasallos - e tamén os organizadores.
E para corroborar o que decimos, non hai máis que ollar á magnífica reportaxe do fotógrafo guardés Santiago Baz Lomba.

Ningún comentario:
Publicar un comentario