7 de mar. de 2018

MADRID

FAGAMA CELEBRA NA DELEGACIÓN DA XUNTA EN MADRID/CASA DE GALICIA A SÚA ASEMBLEA XERAL ORDINARIA  

Correspondente ao ano 2018

Responsables das entidades que compoñen Fagama pousan antes de comezar a Asamblea

Infogauda / Madrid

 A Federación de Asociacións Galegas en Madrid ( Fagama) celebrou esta tarde na Delegación da Xunta de Galicia en Madrid/Casa de Galicia a súa Asemblea Xeral Ordinaria correspondente a 2018, na que aprobou as actividades e orzamentos executados en 2017 e as previsións en ambos os ámbitos para 2018.  


 A mesa presidencial da Asemblea ocupárona algúns dos membros principais da Xunta Directiva de Fagama: o presidente, Ovidio Cadenas, a tesoureira, Nuria Fernández, e o secretario, Fernando Gómez. Á reunión acudiron representantes das entidades que integran a Federación: os centros galegos de Alcalá de Henares, Fuenlabrada, Móstoles, Tres Cantos, Sierra de Madrid e Villalba, a Casa Galega de Alcorcón, a Xuntanza de Galegos en Alcobendas e a Asociación de Taxistas Galegos en Madrid.  

 Entre as citas anuais máis destacadas de Fagama figura a celebración do Día das Letras Galegas, en xuño, e o “Magosto de Fagama”, que ten lugar no mes de novembro.  

Ningún comentario:

Publicar un comentario