Amplíase ata o xoves o prazo de inscrición
No Desfile-Concurso do Martes de Entroido
Infogauda / A Guarda
A Concellería de Cultura amplía ata o vindeiro xoves 8 de febreiro o prazo de inscrición no Desfile-Concurso que se celebrará o Martes de Entroido. As bases do desfile contemplan ata cinco categorías diferentes de participación (incluíndo carrozas, comparsas, grupos e individual-parellas adulto ou infantil) na modalidade de concurso, cunha ampla variedade de premios.
Nesta liña, as 10 primeiras comparsas e carrozas que se inscriban recibirán unha axuda de 200€ como compensación polo traballo e esforzo realizado. As comparsas e carrozas concursarán por un primeiro e segundo premio (dotados de 250€ e 150€, respectivamente) e nas demais categorías repartiranse ata 18 recoñecementos entre os 6 mellor valorados en cada grupo, cun orzamento total de 1.070€.
As persoas interesadas en participar poderán ampliar a información nas bases dispoñibles neste enlace e deberán entregar o formulario de inscrición anexo ás bases, así como a documentación recollida na base 4ª, no Rexistro Xeral do Concello ou a través da sede electrónica.
O desfile partirá ás 17:30 h da coñecida como «esquina Famosa» na rúa San Bernardo, para despois percorrer as rúas Porto Rico e Galicia ata chegar á Alameda, onde se darán a coñecer os gañadores en cada categoría do concurso.
Ningún comentario:
Publicar un comentario