O BNG QUERE UNS ORZAMENTOS PARA A REVITALIZACIÓN DO TECIDO COMERCIAL E SOCIAL DENDE A MOBILIDADE
Ángel Luis Baz Vicente (voceiro municipal do BNG no Concello de A Guarda): “A mala xestión deste goberno fai que finalizando febreiro non teñamos os orzamentos para o 2.018”
Ángel Luis Baz Vicente, portavoz municipal do BNG no Concello de A Guarda
Infogauda / A Guarda
“O BLOQUE NACIONALISTA GALEGO condiciona o apoio aos orzamentos para o 2018 á posta en marcha de medidas que axuden a revitalizar o tecido comercial, que contemplen iniciativas claras dun cambio de modelo no que as persoas estean en primeiro plano”. Así o ven de anunciar Ángel Luis Baz Vicente, portavoz municipal do BNG no Concello de A Guarda.
“Así, temos marxe de manobra en canto a seguridade viaria, tanto para zonas do centro do casco urbano, como a Sangriña ou as parroquias”, sinalou o edil nacionalista.
“Para o BNG - engade Ángel Luis Baz - estas medidas xunto con outras, xa expostas con anterioridade dende a formación nacionalista, como un cambio na xestión do lixo con alternativas como o Plan Revitaliza ou a reversión do contrato da casa dos impostos,... potenciarían un aforro para o concello que se podería investir noutras necesidades de carácter social, turístico, etc...”
En decraracions a Infogauda, o voceiro nacionalista non dubida en afirmar: “O BNG segue sen entender como xa case 2 meses consumidos, o Concello da Guarda non ten os orzamentos aprobados para o 2018” .
“Esta situación evidencia a falta de proxecto do alcalde da Guarda e o seu grupo de goberno. Son incapaces de plasmar nuns orzamentos un proxecto de pobo para A Guarda”, comentou Ángel Luis Baz.
“O BNG deixa claro ao PSOE que se quere contar co apoio desta formación política terá que haber un cambio no proxecto de orzamentos presentado”, conclúe Ángel Luis Baz.
Ningún comentario:
Publicar un comentario