2 de xan. de 2018

OIA

III ANDAINA CHOURIZADA DE OIA

Domingo día 28 de xaneiro, ás 9:40 h., desde o Mosteiro


Infogauda / Oia

 O Concello de A Oia, coa colaboura da Deputación de Pontevedra e varias entidades comerciais, organiza a III Andaina Chourizada de Oia.

 O evento terá lugar o domingo día 28 de xaneiro, de acordo coas seguintes previsions:

Saída: 9:40 horas do Mosteiro de Oia (despois dos ciclistas que participarán na VI BTT Chourizada de Oia, que organiza nesa mesma data, o C. C. Oiense). Chegada prevista: 12:45 horas á Casa da Cultura - Chourizada.  

Percorrido: 12 quilómetros, circular ,de dificultade media, polo Camiño Portugués da Costa – Vilar - Petróglifos Auga dos Cebros e A Pousadela (avituallamiento) – A Pedreira - A Bullariza - Casa da Cultura (Chourizada). 

 Nos petróglifos Auga dos Cebros a A Pousadela (km. 5), charla informativa por Manuel Ángel Pombal Diego, Coordinador dá Ruta Máxica. Avituallamiento sólido e líquido.  

 Ao finalizar na Casa da Cultura,  chourizada con bocadillo de chourizo asado e bebida, animado por un grupo de gaitas.  

Inscripción: 
6 €, con seguro, guías,  avituallamiento sólido e liquido, bocadillo de chourizo asado, bebida e 1 rifa para o sorteo de agasallos. 

Cocido: 
15 €, (sopa, cocido, sobremesa, bebida, café e chopo) en Hotel A  Raiña.    

Ningún comentario:

Publicar un comentario