RECEPCIÓN NO CONCELLO DO ROSAL AO CAMPIÓN GABRIEL MARCELLI CARBALLIDO
Gabriel Marcelli Carballido foi recibido polo alcalde, pola tenente de alcalde e polo concelleiro de Deportes
Fotos: C. O. R.
Infogauda / O Rosal
O executivo municipal do Concello do Rosal ven de facer público que o piloto de 17 anos, Gabriel Marcelli Carballido, foi recibido na Casa do Concello o pasado día 22 de decembro, tras colleitar multitude de éxitos no 2017 Campión de Cataluña, campión de España e subcampión do Mundo son algúns dos títulos conseguidos polo deportista rosaleiro, que mesmo vén de ascender á máxima categoría do Trial Mundial (TR1).
Gabriel, que estivo acompañado polo seu pai José María, charlou co alcalde do Rosal, Jesús María Fernández Portela, coa tenente de alcalde, María do Carmen Alonso Alonso e mesmo co concelleiro de Deportes, Ángel Martínez Villa.
En nome de todos os veciños/as do Rosal, Marcelli foi agasallado cunha pequena praca de recoñecemento á súa fantástica tempada así como cun lote de produtos da terra para disfrutar nestas Festas.


Ningún comentario:
Publicar un comentario