4 de xan. de 2018

DEPORTES

O equipo alevín do Sporting Guardés e o benxamín das Escolas Deportivas de Ourense (EDO) proclamáronse vencedores do Trofeo de Nadal Concello da Guarda

O alcalde e o concelleiro de Deportes, de A Guarda, co equipo alevín (directivos, xogadores e técnicos) do Sporting Guardés
Foto: C.A.G.

 Infogauda / A Guarda

 O pasado día 30 de decembro no campo municipal da Sangriña disputouse o Trofeo de Nadal organizado polo Sporting Guardés no que se inscribiron 14 equipos de fútbol do Baixo Miño, Val Miñor, Vigo e Ourense. 

 Na categoría benxamín o equipo pertencente ás Escolas Deportivas de Ourense derrotou na final a U.D. Ribera mentres que en categoría alevín o Sporting Guardés proclamouse vencedor tras superar ó equipo de Ourense na tanda de penaltis. 

 O Sporting Guardés distribuirá entre distintas asociacións da localidade ó redor de 100 quilos de alimentos recollidos durante o torneo.

Ningún comentario:

Publicar un comentario