4 de xan. de 2018

A GUARDA

O CONCELLO DA GUARDA E O IES A SANGRIÑA ASINAN UN CONVENIO

Para a utilización do pavillón escolar en horario extraescolar

O alcalde da Guarda, Antonio Lomba Baz, e  o director do IES A Sangriña, Carlos Alonso Rey, asinaron o día 18 de decembro de 2017, un convenio de colaboración para a utilización do pavillón de deportes en horario extraescolar 
Foto: C.A.G.

Infogauda / A Guarda

  O concelleiro de Deportes, Manuel Javier Crespo González ven de facer público que o pasado mes de decembro o director do IES A Sangriña, Carlos Alonso Rey e o alcalde da Guarda, Antonio Lomba Baz, asinaron un convenio de colaboración para a utilización do pavillón de deportes en horario extraescolar. Desta maneira poderán desenvolverse nel eventos que organice directamente o Concello ou os que impulsen as asociacións deportivas locais inscritas no rexistro municipal de asociacións, fóra do horario lectivo. 

 O Concello comprométese a colaborar no mantemento e dotación de equipamento deportivo destas instalacións que estará tamén a disposición do alumnado do centro.  

Ningún comentario:

Publicar un comentario