CABALGATA DE REIS NA VILA DE A GUARDA
· O percorrido partirá ás 18:00 h. da Rúa Rosalía de Castro (Alameda) continuando pola Avenida de Galicia e pasando pola Igrexa Parroquial, para chegar finalmente á Casa dos Alonso na Praza do Reló
· En caso de que a choiva impedira sair ás carrozas os Reis Magos recibirían igualmente a todos os nenos na Casa dos Alonso a partir das 18:00 h.
Na imaxe, vista parcial da Cabalgata de Reis de 2017 que contou con moita afluencia de público
Foto: C. A.G.
Infogauda / A Guarda
O próximo día 5 de xaneiro as Súas Maxestades Os Reis Magos de Oriente chegarán ata a Guarda para percorrer as principais rúas da vila coa tradicional Cabalgata.
As carrozas cos tres Reis e o seu séquito de paxes, terán nesta ocasión un acompañamento estelar composto de: O Trebón dos Xidos, o Grupo de Gaitas da Tercera Idade, a Charanga Cantos Somos e o grupo de baile moderno Xamaraina.
O percorrido partirá ás 18:00 h. da Rúa Rosalía de Castro (Alameda) continuando pola Avenida de Galicia e pasando pola Igrexa Parroquial, para chegar finalmente á Casa dos Alonso na Praza do Reló.
Como ven sendo habitual desta tradición os Reis e mais os seus paxes repartirán durante o percorrido preto de catrocentos quilos de caramelos - aptos para celíacos-, e xa na Casa dos Alonso escoitarán as peticións de tódolos rapaces guardeses para poder colocar os seus agasallos na noite do venres.
En caso de que a choiva impedira sair ás carrozas os Reis Magos recibirían igualmente a todos os nenos na Casa dos Alonso a partir das 18:00 h.

Ningún comentario:
Publicar un comentario