3 de xan. de 2018

DEPORTES

Os concellos de A Guarda, Tomiño, O Rosal e Oia xa teñen novo club de baloncesto, o Baixo Miño Basket 

O vindeiro domingo 7 de xaneiro ás 10:00 horas, no pavillón do IES A Sangriña, coincidindo coa organización do VII Torneo de Nadal de Baloncesto “Vila da Guarda”, terá lugar a presentación oficial do clube


BMB / A Guarda

 Os concellos de A Guarda, Tomiño, O Rosal e Oia teñen o seu primeiro club de baloncesto conxunto, o Baixo Miño Basket. Unha das novidades máis importantes deste novo equipo é que é o primeiro formado por nenas e nenos dos diferentes concellos, fomentando valores e habilidades como o traballo en equipo, respecto e cooperación, convivencia ou compañeirismo entre outros.    

 Este novo club deportivo darase a coñecer cun torneo de presentación que terá lugar o vindeiro domingo 7 de xaneiro no pavillón do IES A Sangriña, en A Guarda, onde se darán cita os xogadores e xogadoras dun equipo co que se pretende crear canteira e impulsar a práctica do deporte entre a mocidade da zona. 

 Arredor de 30 rapaces e rapazas da comarca de entre 13 e 17 anos de idade comezarán con ganas novamente os seus adestramentos este 2018, o que sen dúbida suporá unha oportunidade para mellorar de xeito integral e fortalecer a aposta polo deporte de base.  

 Se queres unirte a nos, manda un correo electrónico a: club.baloncesto.bmb@gmail.com 
ou watsapp ó 696729755 e nos poñeremos en contacto contigo. 

Ningún comentario:

Publicar un comentario