15 de dec. de 2017

LABORAL

O persoal de mantemento do Álvaro Cunqueiro cumpre dúas semanas de protestas 

Os traballadores/as de Veolia, a empresa concesionaria do servizo, desenvolveron hoxe a décima mobilización para reclamar un convenio que iguale as condicións laborais 

Os traballadores/as de Veolia, a concesionaria do servizo, desenvolveron esta mañá a décima mobilización no recinto hospitalario
Foto: CIG

Infogauda / Vigo

 Hoxe cúmprense dúas semanas que comezaron as protestas do persoal de mantemento do hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo para reclamar un convenio de centro de traballo que iguale as condicións laborais. 

 Os traballadores/as de Veolia, a concesionaria do servizo, desenvolveron esta mañá a décima mobilización no recinto hospitalario, durante a que entraron nas oficinas da Xerencia da EOXI. Dende o comité de empresa agradecen o apoio amosado por empregados/as e usuarios/as do hospital vigués e lembran que teñen convocada unha folga indefinida no servizo que comezará ás 00:00 horas do vindeiro martes 26.

Ningún comentario:

Publicar un comentario