COMUNICADO DO COMITÉ
DE EMPRESA DE ARCASA, CONCESIONARIA DA COCIÑA DA EOXI VIGO
Todo
o persoal do servizo de cociña de EOXI de Vigo, nos centros de traballo
hospitais de Meixoeiro, Nicolás Peña e
Álvaro Cunqueiro, despois de celebrar unha asemblea xeral tomamos a decisión de
comunicarlle á dirección que non aceptaremos nin recolleremos o agasallo de
Nadal que Arcasa nos regala, nin asistiremos aos petiscos que ofrece a empresa.
Os
motivos son de sobra coñecidos por todo o cadro de persoal.
Despois
dun ano de incumprimentos e de promesas falsas e por suposto de denuncias ante
a Inspección de Traballo, o cadro de persoal estamos totalmente defraudados/as
e sentímonos enganados/as pola empresa, polo que non está no noso ánimo recibir
un regalo no Nadal.
Como
ben sabe a cidadanía, o novo sistema de preparación de alimentos implantado
polo Sergas non funciona satisfactoriamente. Dende o comité de empresa (7 CIG e
2 UGT) denunciamos miles de veces que os pacientes se queixan das comidas, e
que estas teñan tan mala acollida depende do sistema de refrixeración e de
organización, non do noso traballo. O cambio de empresa (antes Serunión) non
axudou a mudar esta situación, senón que repetimos nos mesmos problemas, tanto
laborais como de organización.
Este
último ano tentamos solucionar os nosos problemas laborais, sen éxito, dado que
a empresa nin se presenta, polo que vemos como unha ofensa recoller agasallos e
celebrar brindes.
Cremos
que Arcasa debe cumprir igual que cumprimos nós; darnos un agasallo é taparnos
a boca e tratarnos de idiotas.
Que
cumpra a lei, que cumpra o convenio, que cumpra cos pacientes, ese xa é o noso
premio.
En
Vigo, a 21 de decembro de 2017.
(R.)
Ningún comentario:
Publicar un comentario