20 de dec. de 2017

DEPORTES

FÚTBOL

IV Torneo de Nadal Benxamín e Prebenxamín da A. D. Tomiño

O torneo celebrarase na Carballa, de Tomiño, o sábado 23 de decembro


Gonzalo Lomba / Tomiño

 Chega o Nadal e, como xa é tradición, A. D. Tomiño celebra o seu Torneo de Nadal das categorías Benxamín e Prebenxamín. Aproveitando o descanso ligueiro dos seus equipos, a Carballa acollerá o torneo o sábado 23 de decembro e nel estarán representados sete clubs da contorna.  

 O torneo, que dará comezo ás 9:15 da mañá e estenderase ata media tarde nas súas rondas finais, contará coa participación de Goián F.C., Erizana C. F., Alameda, Club Louro Tameiga, U. D. Mos,  e U. D. Ribera, ademais, por suposto, dos anfitrións da A. D. Tomiño.  

 A directiva da A. D. Tomiño quere invitar a pais, nais, familias e público en xeral a achegarse á Carballa e desfrutar dunha xornada festiva co mellor fútbol das categorías Benxamín e Prebenxamín.

Ningún comentario:

Publicar un comentario