Este venres abre o prazo de petición de citas para a renovación do DNI
No primeiro trimestre de 2018
Infogauda / A Guarda
O executivo municipal do Concello de A Guarda fai público que a partir deste venres, 22 de decembro, as persoas que precisen renovar o seu Documento Nacional de Identidade (DNI) durante o primeiro trimestre de 2018, poderán achegarse ao Concello da Guarda para solicitar a súa cita.
De acordo co novo calendario da unidade móbil do Corpo Nacional de Policía de Vigo, as renovacións poderán realizarse na Casa dos Alonso os días 16 de xaneiro de 2018 (con recollida do documento o día 19 do mesmo mes), o 9 de febreiro (con recollida o día 14) e o 9 de marzo (con recollida o día 14).
O horario de atención ao público para a petición de citas será de 9:00 a 14:00 horas e só poderá realizarse de xeito presencial. Para máis información, as persoas interesadas poden dirixirse á Secretaría do Concello chamando ao teléfono 986 610 000, extensión 4.
Ningún comentario:
Publicar un comentario