20 de dec. de 2017

A GUARDA

Os cativos que queiran participar na cabalgata como paxes poderán inscribirse o 27 de decembro  


Infogauda / A Guarda

 Desde o executivo municipal do Concello de A Guarda faise público que as nenas e nenos que queiran acudir como paxes na Cabalgata Real do vindeiro 5 de xaneiro, poderán anotarse o próximo mércores 27 de decembro ás 9:00 h.  

 Para isto, as nais, pais ou titores legais deben achegarse ata o departamento de Cultura do Concello da Guarda e entregar asinada a autorización, que poderán descargar neste enlace ou no código QR presente nos carteis da cabalgata. 


 Os pais, nais ou titores que acudan ó Concello deben lembrar que os nenos e nenas que desexen participar teñen que ter xa cumpridos os 8 anos e que cada adulto só poderá anotar a un neno/a, excepto no caso de irmáns. Para a realización da inscrición non é preciso que esté presente o cativo incrito. 

 A autorización só poderá estar asinada pola nai, pai ou un titor legal, sen que sexa válida a sinatura doutro adulto; aínda que sí se permite que, no caso de que ningún deles poda acudir na hora sinalada, sexa outro adulto o que entregue a autorización debidamente cumprimentada e asinada polo pai, nai ou titor legal, así como un consentimento delegado. 

 O día da anotación se lles comunicará o día que deberá acudir o neno ou nena inscrito para a realizar a proba dos traxes.

Ningún comentario:

Publicar un comentario