19 de dec. de 2017

A GUARDA

A Praza de Abastos da vila loce os adornos feitos no segundo obradoiro infantil «Decora o teu Nadal»  

O pasado sábado tivo lugar na Casa dos Alonso o segundo obradoiro da campaña de decoración de Nadal na vila, adicado aos máis pequenos da casa.  

Os nenos e nenas desfrutaron durante a mañá creando os seus propios e personalizados adornos en forma de pingüíns e figuras de Nadal
Fotos: C. A. G.


Infogauda / A Guarda

 O Concello da Guarda leva varias semanas impulsando a campaña «Decora o teu Nadal», dentro da cal se enmarcan tres obradoiros infantís de decoración propia destas datas para engalanar distintas dependencias municipais. O pasado sábado, 16 de decembro, os cativos e cativas de entre 4 e 12 anos participaron no segundo destes talleres, celebrado na Casa dos Alonso, coa finalidade de decorar a Praza de Abastos.   


 Os nenos e nenas desfrutaron durante a mañá creando os seus propios e personalizados adornos en forma de pingüíns e figuras de Nadal, para colocar nas varandas da Praza de Abastos.  

 O último obradoiro deste ano celebrarase o martes 2 de xaneiro, na Casa dos Alonso a partir das 11:30 h., e nel as cativas e cativos prepararán a Recepción Real dos Reis Magos. 

Ningún comentario:

Publicar un comentario