19 de dec. de 2017

A GUARDA

«Contos contados» retorna este sábado 

Cunha sesión especial sobre as tradicións do Nadal  


Infogauda / A Guarda

 A Biblioteca Pública Municipal da Guarda organiza este sábado unha nova sesión de «Contos contados», unha actividade de lectura e manualidades orientada ao público infantil que, nesta ocasión, estará dedicada ao Nadal.   

 A avoa Carmen Baz e o avó Manual Cadilla «Maruxo», acomparán aos pequenos e pequenas participantes para contar historias tradicionais do Nadal. O obxectivo da xornada de lectura, que dará comezo ás 11:30 h., é que as nenas e nenos coñezan como vivían estas datas os avós e avoas favorecendo, deste xeito, a convivencia interxeracional.   

 Deseguido, celebrarase un obradoiro de decoración de Nadal no que os cativos e cativas poderán contribuír a embelecer a árbore que lucirá na Biblioteca durante estas datas.   

 «Contos contados» é unha actividade de animación á lectura dirixida ao público infantil que propón un acercamento aos libros de forma creativa e lúdica, favorecendo a participación das familias.

Ningún comentario:

Publicar un comentario