16 de nov. de 2017

LABORAL

MANIFESTACIÓN DO PERSOAL DE MADERAS IGLESIAS

Infogauda / A Louriña

 O cadro de persoal de persoal de Maderas Iglesias, empresa do Porriño dedicada á fabricación de tarima flotante e que atravesa unha situación crítica, convoca unha nova manifestación este sábado 18 para reclamar o pago das débedas pendentes e a posta en marcha de medidas que garantan a supervivencia da compañía. 

 Nesta ocasión a marcha arrincará do centro de traballo do Porriño ás 11:00 horas e rematará diante do de Sanguiñeda, en Mos, previo paso por diante do Concello do Porriño. Antes, arredor das 10:30 horas, o comité de empresa, presidido pola CIG, explicaralle aos traballadores/as en asemblea a situación actual da empresa.

Ningún comentario:

Publicar un comentario