16 de nov. de 2017

DEPORTES

ATLETISMO

O ATLETISMO TREGA DESPREGA SEUS EFECTIVOS PARA O CAMPIONATO ZONAL DE CAMPO A TRAVÉS

O clube deportivo pasa a ter súa sede social en Tomiño

Compoñentes do clube Atletismo Trega
Fotos: Atletismo Trega

ATLETISMO TREGA / Tomiño

 Importantísimo despregamento que levará este fin de semana o Atletismo Trega, con sede en Tomiño. Estará representado por unha trintena de atletas de toda a xeografía do Baixo Miño, que defenderán as cores do club, no prestixioso Campionato zonal de campo a través do programa Xogade da Xunta de Galicia en idade escolar. O obxectivo é o billete de clasificación directa de pase para disputar a seguinte fase provincial tanto a nivel individual como por equipos, onde pasarán os 8 primeiros individuais e os 2 primeiros equipos. 

 Este próximo sábado 18 de novembro o Atletismo Trega, desprazarase ata o concello de Salceda de Caselas no barrio de Soutelo na área recreativa "O Borralliño" onde se disputará o evento organizado e controlado pola agrupación Agrudebam (Baixo Miño). 



 Ata alí desprazaranse un nutrido e amplo grupo de atletas comprendidos desde a categoría benjamín (feminino-masculino), alevín (feminino-masculino) e onde tamén teremos máis representación a nivel individual no resto das categorías. Non demos completado os equipos restantes, toda unha pena! Tentarán facer un gran campionato tanto a nivel individual como colectivo. 

 O evento dará comezo ás 10:30 h. finalizando co seu clausura coa entrega de premios. 

 E por último, mostrar as fotos do calendario do equipo da tempada 2017/2018 con novas incorporacións, desexándolle moita sorte a todos eles tanto atletas, directivos e adestradores ao longo de toda a tempada.

Ningún comentario:

Publicar un comentario