17 de nov. de 2017

CERDEDO

UXÍO BENÍTEZ: “O PROXECTO DE SERRAPIO-PORTELA MELLORA SUBSTANCIALMENTE A PROPOSTA DO ANTERIOR GOBERNO PROVINCIAL” 

O deputado de Mobilidade Uxío Benítez pediu “sensatez” ao alcalde de Cerdedo-Cotobade e lembrou que a estrada provincial EP-7102 é utilizada por unha media de só 16 vehículos ao día  

Uxío Benítez Fernández, deputado de Mobilidade


Infogauda / Cerdedo

 O deputado de Mobilidade Uxío Benítez Fernández defendeu hoxe o proxecto de mellora de seguranza viaria elaborado polos técnicos da Deputación de Pontevedra para a estrada provincial EP-7102 Serrapio-Portela en Cerdedo-Cotobade. Segundo explicou o nacionalista, este proxecto, que está adxudicado “e vaise comezar de xeito inmediato”, “é comedido” porque a estrada é utilizada por unha media de 16 coches ao día, pero a pesar diso mellora substancialmente a proposta prevista polo anterior goberno provincial.   

 Benítez asegurou que o investimento pasa dos 150.000 euros aos 240.o00 euros, a superficie de actuación pasa a unha lonxitude de dous quilómetros, e incorpora nova sinalización e elementos de calmado de tráfico que antes non se contemplaban. Ante as peticións de ampliar a sección da estrada a nove metros e de anchear dúas pontes, manifestou que “é preciso lembrar que estamos ante unha estrada provincial que ten unha intensidade media diaria de vehículos (IMD) de 16 coches, o que quere dicir que pasa un coche cada 90 minutos”, segundo os datos do Estudo de Aforos realizado nos últimos meses pola Deputación. O nacionalista foi claro e insistiu en que o proxecto redactado polo departamento de Mobilidade está adaptado ás características da vía, xa que a EP-7102 é a cuarta estrada con menos tránsito de toda a rede viaria provincial.

 “Eu pido sensatez ao alcalde Jorge Cubela. Pídolle algo de sensatez. Porque o territorio non se pode estragar desa maneira e porque os recursos públicos son limitados. É obriga de todos os representantes públicos velar pola eficiencia dos cartos públicos”, insistiu o deputado. 

 Benítez lembrou que os técnicos provinciais foron explicar este xoves o proxecto aos veciños ante o inicio dos traballos, e estes atoparon cunha actitude crítica por parte dos principais mandatarios do concello, que alentaron aos veciños a rexeitar o actual proxecto para a vía. “Lamento a actitude do goberno municipal, en concreto do seu alcalde Jorge Cubela, porque coñecía perfectamente o proxecto que se ía realizar e aínda a semana pasada estivo no servizo de Mobilidade por outra actuación e en ningún momento transmitiu ningunha queixa por esta obra”, sentenzou.   

 Actuacións 

 O proxecto aprobado e adxudicado para a EP-7102 vai supoñer a mellora do firme actual, a limpeza e roza das marxes (reperfilando as cunetas), a instalación de redutores físicos de velocidade, un ensanche de toda a vía existente ata os sete metros de sección (salvo no núcleo de Aldea de Bugarín), así como a consolidacióndos noiros e terras existentes para evitar os arrastres en épocas de chuvias.  

 Os 1,920 quilómetros do ámbito de actuación do proxecto dividiranse en seis treitos diferenciados. Noprimeiro ( do PQ 0+000 a 1+440) pavimentaranse os sete metros de largo do firme existente para crear dous carrís de tres metros de largo e unha beiravía de 0,50 metros a cada lado. Haberá un estreitamento puntual da sección na ponte, onde se colocarán dous redutores físicos de velocidade á entrada e saída, reducindo a velocidade a 30 quilómetros por hora e sinalizando a presenza do estreitamento.  

 Nos trescentos metros do segundo treito, que coincide co núcleo de vivendas de Aldea de Bugarín, colocaranse outros dous redutores de velocidade á entrada e á saída, e renovarase o firme, mantendo o largo actual pola existencia de edificacións. No terceiro treito ensancharase a vía, pasando dunha sección de 4,5 metros a 7 metros, para o que será preciso un recheo que permita o sobreancho. 

 No cuarto treito (PQ 1+800 a1+890) pavimentaranse os sete metros de largo da variante existente en xabre, creando os dous carrís que continúan a plataforma. Nos sobreanchos do tramo, para solucionar o problema do arrastre dos finos doxabre actual, procederase a retirar estee repoñerase con zahorra. Ademais, debido ao terraplén existente na zona da variante, instalaranse barreiras de seguridade a ambos lados da plataforma. No último treito ensancharase a vía ata os sete metros xenéricos para toda a estrada.

Ningún comentario:

Publicar un comentario