8 de nov. de 2017

A GUARDA

A charla de «Diálogos en Educación» deste venres cancélase por cuestións alleas á organización 


 Infogauda / A Guarda

 O executivo municipal do Concello da Guarda, comunica que o faladoiro «O multiculturalismo nas aulas, problema ou oportunidade», enmarcado no novo calendario do ciclo «Diálogos en Educación» e programado para este venres 10 de novembro, tivo que ser cancelado por cuestións alleas á organización do evento.   

 Así as cousas, as charlas continuarán coa programación establecida nas datas xa anunciadas. Javier F. Rouco, profesor da UDC no departamento de Pedagoxía e Didácticas, participará no faladoiro do próximo 24 de novembro, titulado «Filosofía para/con a infancia», namentres a derradeira entrega deste outono será o 1 de decembro e estará dirixida polo catedrático da UDC, Jurjo Torres. Este versará sobre as «Políticas educativas e as influencias neoliberais» realizando, amais, unha análise sobre o futuro da educación.  

 Todos os encontros serán na Casa dos Alonso ás 20:30 horas, sen límite de aforo e sen necesidade de inscrición previa.

Ningún comentario:

Publicar un comentario