18 de nov. de 2017

A GUARDA

O Concello promove un novo obradoiro de decoración de Nadal 

Para o comercio e o público en xeral  

Maite Martínez Lomba, interiorista e voluntaria nesta iniciativa
Foto: C.A.G.


Infogauda / A Guarda

 O Concello da Guarda promove dende hai uns anos a campaña «Decora o teu Nadal», unha iniciativa dentro da cal se anima aos establecementos comerciais, asociacións de veciños e público en xeral, a elaborar un adorno común, de xeito que este aporte unha sinal de identidade propia do Nadal na nosa vila.  

 Este ano, a proposta elaborada pola interiorista e voluntaria nesta iniciativa, Maite Martínez Lomba, é un abeto de Nadal para cuxa elaboración precisaremos de materiais de baixo custo e/ou de refugallo. O obradoiro terá lugar na Casa dos Alonso o próximo mércores 22 de novembro, de 15:00 a 18:00 horas, e o sábado 25 de novembro, entre as 16:00 e as 19:00 horas.  

 Cada unha das persoas participantes deberá levar o seu propio material para a elaboración do elemento decorativo, seguindo as pautas marcadas por Maite Martínez Lomba no vídeo titorial que poden visualizar na canle de YouTube do Concello da Guarda, nas páxinas de Facebook do Concello da Guarda e Cultura A Guarda, ou premendo eiquí. 

 Aquelas persoas que non podan paticipar no taller e desexen realizar o adorno pola súa conta, poderán ulilizar o molde de madeira, necesario para elaborar a forma do elemento decorativo, na Casa do Concello e seguir o procedemento indicado por Lomba no titorial.   

 A campaña «Decora o teu Nadal» inclúe toda unha serie de actividades dirixidas á decoración urbana por parte das asociacións e o comercio, así como obradoiros para a decoración de espazos públicos por parte das nenas e nenos da vila.  

Ningún comentario:

Publicar un comentario