Volve a solidariedade con Carlos e Serafín tras o parón estival
Unha nova concentración reclamará o indulto para os dous traballadores
Infogauda / Vigo
As mobilizacións para reclamar o indulto a Carlos Rivas e Serafín Rodríguez, os dous traballadores condenados a tres anos de prisión por participar nunha folga, volverán este xoves día 21 de setembro, ás rúas de Vigo tras o parón motivado polas vacacións estivais. As centrais CIG, CCOO e UGT chaman a veciñanza a participar na concentración solidaria convocada diante do MARCO a partir das 20:00 horas.
Ningún comentario:
Publicar un comentario