20 de set. de 2017

TUI

Galicia e Portugal intercambian experiencias sobre o traslado de residuos transfronteirizos 

Inspectores ambientais e axentes dos corpos e forzas de seguridade de España e Portugal participaron en Tui nunha xornada de formación teórico-práctica en materia de movementos transfronteirizos de residuos por estrada

Inspectores ambientais e axentes dos corpos e forzas de seguridade de España e Portugal participaron en Tui nunha xornada de formación teórico-práctica en materia de movementos transfronteirizos de residuos por estrada

Infogauda / Tui 

 O Goberno galego e portugués veñen de intercambiar experiencias sobre o traslado de residuos transfronteirizos nunha xornada celebrada en Tui, na que participaron inspectores ambientais e axentes dos corpos e forzas de seguridade de España e Portugal.  

 Tratouse dunha xornada formativa teórico-práctica en materia de movementos transfronteirizos de residuos por estrada, organizada pola Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático, xunto coas autoridades responsables da Inspección Ambiental de Portugal.  

 O obxectivo foi facilitar que todo o persoal que colabora ou participa nos labores de inspección ambiental coñeza os cambios introducidos na normativa europea e os novos protocolos de actuación a aplicar no control fronteirizo, como o Regulamento Comunitario 1013/2006, de 14 de xuño, e o Regulamento 1418/2007, de 29 de novembro, así como a normativa legal de fin de residuos sobre ferralla metálica, de cobre e envases de vidro.

Ningún comentario:

Publicar un comentario