28 de set. de 2017

MOVEMENTOS SOCIAIS

BUSES DENDE A COMARCA DE VIGO PARA A MANIFESTACIÓN NACIONAL EN APOIO DO REFERENDO DE AUTODETERMINACIÓN DE CATALUNYA   

Sábado 30 de setembro ás 12:00 horas dende a Alameda (Santiago de Compostela) 


Informa: CIG  

 A Plataforma "Galiza con Catalunya", que aglutina a diversas organizacións sociais, sindicais e políticas do noso país, e da que a CIG facemos parte, vén de convocar unha manifestación nacional en apoio ao referendo de autodeterminación de Catalunya, sob o lema "Democracia é decidir". A marcha realizarase este sábado día 30 de setembro e partirá ás 12:00 horas dende a Alameda de Santiago de Compostela. 

 Diante da crecente represión por parte do Estado, e dos acenos a cada vez máis autoritarios do Goberno español, é indispensábel redoblarmos a nosa solidariedade internacionalista co pobo catalán e, singularmente, coas súas clases traballadoras e populares, apoiando de maneira clara o seu dereito a decidir e na defensa dos dereitos e liberdades democráticas. 

 Para facilitar o desprazamento até Compostela, fletaranse autobuses desde as localidades de de Vigo, O Porriño, A Guarda e Cangas. Para colaborar no sufragamento dos gastos, estabelécese un prezo de 5€ por persoa (a aboar no propio autobús), agás para as desempregadas e estudantes para quen será de balde. É preciso anotarse antes do venres 29 ás 13:30h, a través dos seguintes medios: 

· Sede Comarcal (Vigo): 986 82 79 00 
· Local do Porriño: 986 33 72 63 
· Local do Baixo Miño: 986 61 04 65 
· Local do Morrazo: 986 30 29 87

(R.)

Ningún comentario:

Publicar un comentario