A plataforma Galiza con Catalunya convoca unha manifestación, o 30 de setembro, polo “dereito a decidir”
Fai unha convocatoria urxente de concentracións para esta mesma tarde contra a represión
Membros da plataforma Galiza con Catalunya
Foto: CIG
Infogauda / Santiago de Compostela
A plataforma Galiza con Catalunya -constituída desde hai meses, en apoio ao proceso democrático iniciado en Catalunya, por organizacións sociais, culturais, políticas e sindicais galegas- anunciou esta mañá, en rolda de prensa, a convocatoria dunha manifestación que terá lugar en Compostela o vindeiro sábado día 30 de setembro, con saída ás 12:00 horas da Alameda, “en apoio á democracia e ao dereito a decidir do pobo catalán”.
Diante da gravidade da situación e das detencións que se produciron esta mañá, a CIG propuxo lanzar unha convocatoria urxente de concentracións que terán lugar nas sete cidades esta mesma tarde.
Ferrol: 20:30 h. na praza Amada García. Diante do edificio da Xunta.
Lugo: 20:00 h. diante da Subdelegación do Goberno.
A Coruña: 20:00 h. diante da Subdelegación do Goberno.
Compostela: 20:30 h. na Praza do Toural.
Vigo: 20:00 h. na Farola de Urzáiz.
Ourense: 20:00 h. diante da Subdelegación do Goberno. Pontevedra: 20:00 h. diante da Subdelegación do Goberno.
(R.)
Ningún comentario:
Publicar un comentario