14 de ago. de 2017

A GUARDA

XI FESTIVAL DE BANDAS VILA DA GUARDA

Sábado día 19 de agosto de 2017, ás 20:00 h., no Auditorio de San Bieito




Ricardo Rodríguez Vicente / A Guarda


 A Agrupación Musical de A Guarda organiza o XI Festival de Bandas Vila de A Guarda. 

 O evento terá lugar o vindeiro sábado día 19 de agosto, ás 20:00 h. no Auditorio de San Bieito, participarán ás seguintes agrupacións:

· Banda de Música A Lira, de Ribadavia.
· Banda de Música de Chantada.
· Banda de Música da Agrupación Musical de A Guarda.

  No XI Festival de Bandas Vila de A Guarda colabouran o Concello de A Guarda e a Deputación de Pontevedra.

 Como o Auditorio San Bieito é ao aire libre, en caso de choiva o XI Festival de Bandas Vila de A Guarda celebrarase no patio cuberto do Colexio PP. Somascos (Rúa Pacífico Rodríguez, nº 6 - A Guarda).

 Compre salientar que tódalas persoas que asistan o XI Festival de Bandas Vila de A Guarda terán oportunidade de escoitar a banda máis antiga de Galicia - A Lira, de Ribadavia -, xa que segundo a documentación existente foi fundada en 1840, ainda que probablemente xa existise con anterioridade.

 A Lira de Ribadavia conta con varios primeiros premios en certames bandísticos (Villafranca del Bierzo, Pontevedra, Vigo, Ourense, Oviedo e León), ademáis doutros importantes galardons.

 Desde setembro de 2016, a Banda de Música A Lira de Ribadavia está dirixida por Xabier Oliveira Blanco.

  E se A Lira de Ribadavia é - como acabamos de salientar - a decana das bandas de música de Galicia, a Banda de Música de Chantada tamén é unha agrupación con moita antigüidade, xa que foi fundada en 1865.

 Na súa longa historia, a Banda de Música de Chantada ten participado con moito éxito en varios festivais musicais, tanto en Galicia (Betanzos, Vilagarcía de Arousa, As Pontes de García Rodríguez, Chantada,...) e tamén fora da nosa Comunidad Autónoma (Zamora, Manzanares el Real,...).

 Desde 2005 Banda de Música de Chantada está dirixida por José Vicente Navarro Serrano.

 E a agrupación anfitrioa - a Banda de Música da Agrupación Musical de A Guarda -, ven sendo á máis nova das tres bandas que participarán nesta edición do Festival de Bandas Vila da Guarda, pois súa orixe comeza en novembro de 2001, en que xurde o proxecto de crear unha Banda Xuvenil de Música formada por alumnos do Conservatorio Elemental de Música de A Guarda.

 Súa primeira actuación sería no Festival Fin de Curso 2002-2003.

 E a presentación oficial, amadriñada pola Banda de Música da Agrupación Musical do Rosal, foi o 25 de xuño de 2005, na Praza do Reló, con 44 compoñentes.

 Desde esa data a Banda de Música da Agrupación Musical de A Guarda xa colleitou algúns importantes galardóns e tamén conqueriu outros importantes logros, contando nestes intres con un grupo de iniciación do que forman parte uns vinte músicos, tanto nenos como adultos.

 A Banda da Agrupación Musical de A Guarda conta nestes intres con uns 60 músicos.

 Desde seus comezos ata hoxendía, a Banda de Música da Agrupación Musical de A Guarda está dirixida por Víctor Luis Alonso Treinta. 

 Así pois, o XI Festival de Bandas Vila de A Guarda vai ofrecer á oportunidade de escoitar a dúas veteranas formacións musicais e por suposto, a unha banda xoven que ten por diante un ilusionante percorrido.

Ningún comentario:

Publicar un comentario