8 de xul. de 2017

TOMIÑO

A TERRA TRANSFORMADA EN ARTE 

EXPOSICIÓN DE CERÁMICA NO MERCADO DE TOMIÑO


Infogauda / Tomiño

 A exposición de cerámica “A terra transformada en arte”, de Pilar Pintos, pode visitarse no primeiro andar do Mercado Municipal, até o sábado 15 de xullo.  



 A mostra reúne gran variedade de obras, realizadas con diferentes técnicas, que resultan atractivas, tanto polo seu colorido e volumes, como pola proposta estética.  

 A actividade é unha das programadas dentro da axenda cultural de verán “O Son da Praza”.


 A ceramista Pilar Pintos, viguesa radicada en Eiras (O Rosal), manifestou a súa satisfacción pola posibilidade que lle deu o Concello, para achegar a arte da cerámica, “unha gran descoñecida”, á cidadanía.

Ningún comentario:

Publicar un comentario