25 de xul. de 2017

FIGUEIRÓ (TOMIÑO)

FESTAS E ROMARÍA NA HONRA DE SAN CAMPIO

Os días 28, 29 e 30 de xullo de 2017



Odilo Méndez / Figueiró

 A parroquia de Figueiró ten todo a punto para celebrar por todo o alto as tradicionais festas e romaría na honra de San Campio. Para elo, a Comisión de Festas presenta o seguinte programa:

Día 28 de xullo

 Os actos inícianse ás 08:00 horas cunha salva de foguetes. 

 Desde as 08:30 Os Terribles, de Tomiño percorrerán as rúas do pobo ata mais ou menos ás 14:00. 

 Ás 12:00 h., celébrase a misa de enfermos na que se bendín.

 Logo dunha pausa para xantar, Os Terribles continuarán súa actuación ata ás 21:00 horas na que se inicia a misa e termínase a novena en honra ao Mártir San Campio. 

 Xa de noite as orquestras Abanixo e Ceniza a primeira verbena das festas.

 Día 29 de xullo

 Inícianse os actos con pasarrúas a cargo da Banda de Música de Redondela.

 Misas ás 08;00, 09:00, 10:00 e 11:00 h. A misa solemne será ás 12:00 h. e será cantada pola Coral Polifónica de Tomiño. Haberá sermón e procesión. 

 Pola tarde a eucaristía será ás 21:00 h.

 Pola noite, verbena amenizada pola orquestra revelación Kubo que actuará de xeito alternativo co grupo Podium.

 Día 30 de xullo

 Comezamos con pasarrúas a cargo de Banda de Música Agrupación Musical de Goián.

 Haberá misas ás 08:00, 09:00, 10:00 e 11.00 h., e a misa solemne comezará ás 12:00 h.. Será cantada pola Agrupación Coral Polifónica de A Guarda, e haberá sermón e procesión. 

 Pola tarde, haberá misas ás ás 17:00, 18:00 e 21:00 h.

 E pola noite para rematar reunimos a Cristian Pereira, Andrés Goberna, Felipe Telleiro, David Correa e Beto Morgado nun duelo de DJ´S que co grupo Yucatán farán as delicias dos asistentes.

 Os actos relixiosos pechan o día 3 de agosto, ás 17:30  h., cunha misa solemne de funeral polos devotos falecidos. 

Ningún comentario: