8 de xul. de 2017

A GUARDA

Xa está en funcionamento o punto de información turística do porto da Guarda   

O punto de información turística habilitado polo Concello no porto da Guarda comezou a funcionar o 1 de xullo
Fotos: C.A.G.


Infogauda / A Guarda

 O punto de información turística habilitado polo Concello no porto da Guarda comezou a funcionar o 1 de xullo, coincidindo coa celebración da XXVII Festa da Langosta e da Cociña Mariñeira.   

As imaxes amosan o interior do punto de información turística habilitado polo Concello no porto da Guarda

Este servizo reforza o ofertado pola oficina de información turística do Concello da Guarda durante os meses de verán, atendendo a visitantes e turistas que soliciten información de interese turístico e cultural tanto da localidade como da comarca.   

 O seu horario de atención ó público é, de luns a domingo, de 11:00 a 14 horas e, xa pola tarde, de 16:30 a 19:30 horas.

Ningún comentario:

Publicar un comentario