5 de xul. de 2017

A GUARDA

MÚSICA

"CUARTO IZQUIERDA", OFRECE UN CONCERTO ACÚSTICO

Este venres día 7 de xullo, ás 23.30 h., no Piano-Bar Benedictus


De esq. a der.: Guillermo Verde, Antonio González e Alejandro Martínez

 Ricardo Rodríguez Vicente / A Guarda

  Comezaron sendo un dúo - Antonio González Uris (piano e voz) e Alejandro Martínez Martínez (guitarra e voz) -, e agora, coa incorporación de Guillermo Verde (guitarra e voz) son - obviamente - un trío. Xa non é a primeira vez que Antonio González e Alejandro Martínez contan nalgunhas das súas actuacions, coa colaboura de outros músicos. 

 Son xóvenes. Son de A Guarda e comparten idénticas inquedanzas. A música é unha delas. Son Cuarto Izquierda.

 A Cuarto Izquierda teremos oportunidade de escoitalos este venres día 7 de xullo, ás 23:30 h., no Piano-Bar Benedictus (rúa Concepción Arenal, 7 - A Guarda), onde ofrecerán un concerto acústico. 

 O repertorio musical de Cuarto Izquierda está configurado por música pop rock e mesmo folk pop hispana. Con letras creadas por poetas da canción, que descreben en poucas liñas todo un mundo de sensacions, que por veces, latexan en todos e cada ún de nós. Maiormente cando o amor semella chamar a nosa porta.

 Poderíamos decir que son poemas musicados, aptos para tódolos públicos, e sobor de todo, para disfrutar da complicidade entre os músicos e o respectable.

 Dese xeito, baladas románticas, cancións melódicas,..., entre outros xéneros, serán interpretados polos compoñentes de Cuarto Izquierda, que contarán co acompañamento das notas do piano e das guitarras.

 No decurso da actuación soarán temas como "Buena chica", de Los Secretos; "Tierra", de Xoel López; "Cómo te atreves a volver", de Morat; "Si quieres bailamos", de Pereza,..., entre outros.

 O concerto terá unha duración estimada de 75 minutos.

 Ademais do evento deste venres, Cuarto Izquierda tamén ten prevista outra data para este verán. Será no mes de agosto, no mesmo local. 

Ningún comentario:

Publicar un comentario