7 de xul. de 2017

A GUARDA

GAÑADORES E PREMIADOS EN “TAPEARTE A GUARDA 2017” 

O Restaurante La Pizzicata foi o gañador do Concurso á Mellor Tapa de Tapearte 2017 e o Restaurante Xantar ten o recoñecemento ao establecemento que serviu o maior número de tapas

A concelleira Elena Baz Rodríguez, no intre do sorteo de Tapearte, 2017
Fotos: C.A.G.

Infogauda / A Guarda

 Hai unhas semanas que rematou Tapearte, a ruta de tapas que se celebrou durante 5 fins de semana: os venres, sábados e domingos dende o venres 19 de maio ata o domingo 18 de xuño.  

 Na ruta participaron 23 restaurantes e bares do Concello da Guarda e cada un ofreceu a súa tapa a 2 €.  Ademais buscouse potenciar o concepto de ruta polo que os participantes dispuxeron dun pasaporte co relatorio dos establecementos adheridos e organizouse o Concurso da Mellor Tapa de Tapearte 2017. Os participantes foron os responsables de valorar as tapas no pasaporte que despois depositaron na urna.  

O Restaurente La Pizzicata, coa súa "Tapa castrexa", é o gañador do Concurso á Mellor Tapa de Tapearte 2017 

 Logo de revisar os preto de 200 pasaportes e contabilizar todas as puntuacións xa se pode nomear ao Restaurante La Pizzicata como o gañador do Concurso á Mellor Tapa de Tapearte 2017 e o Restaurante Xantar ten o recoñecemento ao establecemento que serviu o maior número de tapas. 

O Restaurante Xantar, coa "Piruleta de lombo ibérico con crocante de lombo e patacas bravas", foi o establecemento que serviu o maior número de tapas

 Para incentivar aos participantes a realizar a ruta ofreceuse un premio directo aos que entregaran o pasaporte con un mínimo de 15 selos. O premio é un pack de reloxo e bolígrafo do deseñador Antonio Miró e nesta edición 32 persoas recibirán o seu agasallo. 

 Ademais o xoves 6 de xullo tivo lugar no Concello o sorteo dos 18 premios para todos aqueles pasaportes que tiñan un mínimo de 7 selos. Este é o listado de premiados: 

1ª mochila: Gema Pérez Lomba; 2ª mochila: Alfonso González Alvárez; 3ª mochila: José B. Pérez Alonso; 4ª mochila: Miguel Iglesias Montero; 5ª mochila: María Concepción Alonso Pacheco; 6ª mochila: Carmen Martínez Rodríguez; 7ª mochila:  Carlos Lima González; 8ª mochila: María Jesús Baz; 9ª mochila: Gonzalo González Amorin  

1º mini altavoz: María José Granja Mariño; 2º mini altavoz: Gloria Rodríguez Martínez; 3º mini altavoz: Marta Goyás Martínez; 4º mini altavoz: Iván Rodríguez Rodríguez; 5º mini altavoz: Mercedes Iglesias López; 6º mini altavoz: María del Carmen Lomba Vicente; 7º mini altavoz: Aurea Carballo Ansia; 8º mini altavoz: José Ángel Vicente Vicente; 9º mini altavoz: Norma Vazquez Búa.  

 Os premiados dos 18 agasallos do sorteo, aqueles que aínda non recolleron o seu premio directo e os dous restaurantes gañadores recibirán os correspondentes agasallos no acto de entrega que terá lugar o próximo xoves 13 de xullo ás 12:30 h. no Concello da Guarda.   

 Un ano máis esta ruta gastronómica tivo unha excelente acollida entre veciños da Guarda e da comarca, que recoñeceron a calidade e variedade das tapas propostas.

Ningún comentario:

Publicar un comentario