23 de xuño de 2017

TOMIÑO

O CONCELLO DE TOMIÑO ORGANIZA UN CURSO DE VERÁN PARA A FORMACIÓN DE ADULTOS 

CO FIN DE PREPARAR AO ALUMNADO PARA OBTER O GRADUADO DA ESO POR LIBRE 


Infogauda / Tomiño

 O Concello de Tomiño organiza un curso de verán de formación de adultos co obxectivo de preparar ao alumnado para obter o graduado da ESO por libre.  

 Os requisitos para a inscrición no curso serán:  

· Estar empadroado en Tomiño. 
· Ter cumpridos os 16 anos. 

 Ademais dos requisitos anteriores, para poder presentarse á proba para obter o graduado da E.S.O. do mes de setembro será necesario:  

· Non estar matriculado oficialmente en ningún curso da ESO, en ningún centro educativo de Galicia. 
· Ter cumpridos os 18 anos antes do 7 de setembro de 2017. 

Os interesados, poderán inscribirse oficialmente no rexistro municipal do Concello, entre os días: luns 26 de xuño e o xoves 29 de xuño (ata as 13:00 horas) de 2017, presentando o modelo de solicitude dispoñible no rexistro do concello xunto cunha fotocopia do DNI.

Durante o curso de verán de 2017,que dará comezo o próximo 3 de xullo, as clases terán lugar os luns, martes e xoves de 19:00 a 22:00 horas na Aula CeMIT (Campo da Feira s/n, 36740- Tomiño).

Ningún comentario: