23 de xuño de 2017

TOMIÑO

O CONCELLO DE TOMIÑO REABRE AS PISTAS DEPORTIVAS DO MOSTEIRO 

TRAS REALIZAR OBRAS DE MELLORA E MANTEMENTO DE CARA AO VERÁN 

ANTES

AGORA
Fotos: C. T.

Infogauda / Tomiño

 O Concello de Tomiño ven de reabrir as pistas de tenis e pádel situadas na Área Deportiva do Mosteiro, despois de realizar obras de acondicionamento a semana pasada.  

 A intervención consistiu en acondicionar, pintar, instalar novas redes, e outras obras de mantemento de cara ao verán; época na que se produce un sensible aumento na utilización das instalacións, públicas e gratuítas. 

 Nas pistas, situadas  a carón do colexio público Pedro Caselles Beltrán, impártense durante as mañás, os campus de tenis e pádel durante os meses de xullo e agosto. 

 O concelleiro de Deportes, Ismael Troncoso, pide desculpas polas posibles molestias ocasionadas e explica que as melloras son necesarias para asegurar condicións de seguridade e calidade de uso para os usuarios e usuarias.

Ningún comentario:

Publicar un comentario