14 de xuño de 2017

REDONDELA

A Xunta de Galicia entrega ao Concello de Redondela o seu escudo e bandeira oficial

A directora xeral de Administración Local, Marta Fernández-Tapias, entregou hoxe ao alcalde de Redondela, Javier Bas, a bandeira e o escudo oficial do concello

Infogauda / Redondela

 A directora xeral de Administración Local, Marta Fernández-Tapias, entregou hoxe ao alcalde de Redondela, Javier Bas, a bandeira e o escudo oficial do concello. No acto, que tivo lugar dentro das actividades programadas para a Festa da Coca, tamén participou o delegado territorial da Xunta en Vigo, Ignacio López-Chaves.
  

 O escudo e a bandeira oficiais contan coa aprobación do Consello da Xunta e constitúen un signo de identidade do concello, ao que identifican e diferencian.

Ningún comentario:

Publicar un comentario