15 de xuño de 2017

O ROSAL

ACTO INFORMATIVO DO BNG SOBRE MOBILIDADE NO ROSAL 

O vindeiro martes 20 de xuño  ás 20:30 horas nos baixos do Concello do Rosal



Infogauda / O Rosal

 O vindeiro martes 20 de xuño  ás 20:30 horas nos baixos  do Concello do Rosal, o BNG vai realizar  un acto informativo baixo o título “Un proxecto para O Calvario, por un Rosal con futuro”, no que a formación nacionalista presentará a súa visión da praza do Calvario dentro dun proxecto de mobilidade sustentábel no que teñen prioridade as persoas. 

 “Dende o BNG queremos un pobo para vivir, para pasear, para facer rúa cun tecido comercial implicado na vila. Falamos dun Rosal dinámico que sexa atractivo tanto para o turismo coma para aos propios veciños”, afirmou Ánxela Fernández, portavoz municipal do BNG no Rosal. 

 No acto intervirán Uxío Benítez, deputado provincial de Mobilidade e Tenente-Alcalde de Tomiño; e Ánxela Fernández, portavoz municipal do BNG no Rosal.

Ningún comentario:

Publicar un comentario